É a primeira vez que este poemario sae á luz, pero xa participei en cinco concursos de Diversidad Literaria con poemas que resultaron seleccionados e formaron parte de antoloxías. Trátase de:
Erotismo poético VII
( <<Fuego>> )
Versos desde el corazón VII
( <<Duele>> )
Luz de Luna VII
( <<Confidente>> )
La Libripedia IV
( <<Besos en versos>> )
Versos en el aire XII
( <<Delirio>> )
Namoreime da poesía a unha idade temperá, sendo os meus referentes Rosalía de Castro e Gustavo Adolfo Bécquer, descubrindo máis adiante a Miguel Hernández e a Mario Benedetti entre outros.
Escribir é a forma máis máxica de comunicación, permíteme expresar co que máis me gusta, coa pluma, plasmando sobre o papel todas as miñas emocións.
Poesía é liberdade, por eso son como son e non como outros quixeran. Ela é a miña confidenta, o meu desafogo, a miña válvula de escape.